RGPD - Cookies
Galicia

Galicia xa ten menos de 2,7 millóns de habitantes

Somos menos de 2.700.000 galegos. Exactamente, a poboación de Galicia a 1 de xaneiro deste ano era de 2.689.875 persoas, 2.868 menos que a mesma data de 2018, dacordo cos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) difundidos este xoves.

O 72% dos concellos teñen menos de 10.000 habitantes

Dos 313 municipios galegos, 226, teñen de 1.001 a 10.000 habitantes, e a terceira parte da poboacion- o 33,2%-vive en vilas que teñen entre 10.000 e 50.000 veciños.

As ‘grandes ‘ cidades galegas concentran preto do 24% de todos os habitantes mentres que nos concellos de menos de 1.000 habitantes só residen 21.500 persoas, menos do 1% de toda Galicia.

También te puede interesar