Deportes

@ConcelloNigran acolle esta fin de semana aos 200 deportistas participantes na ‘Ponteved-Raid Valmiñor’

Nigrán será sede esta  fin de semana do 13 e 14 de abril da segunda proba da Liga Nacional de Raids de Aventura, respaldada pola Federación Española de Orientación (FEDO) e a Galega co apoio do Consejo Superior de Deportes e LaLiga4Sports e o propio Concello de Nigrán.

Trátase da primeira vez que a comarca de Vigo celebra unha proba que combina orientación e deporte, competindo nela 178 corredores de toda a península repartidos en 61 equipos de 3 membros.

Este raid, de 18 horas de duración non-stop  arrancará o sábado ás 12:00 dende o Colexio de Panxón para percorrer diferentes puntos do Val Miñor en kaiak, a pé ou en bicicleta de montaña, rematando o domingo ás 6:00 da madrugada como tope.

Catro disciplinas

A competición combinará 4 disciplinas: o Kaiak (8 km entre Praia América e o esteiro de A Foz), trail (tramos de 20 km+11km+13 km por Monteferro, Galiñeiro e Chan da Lagoa), bicicleta de montaña (100 km entre Panxón, Galiñeiro e Chan da Lagoa), trekking, e unha pequena parte de escalada.

A duración é de 18 horas  Non-Stop, dando comezo ás 12:00 h do sábado 13 de Abril no Centro de Educación Especial de  Panxón, onde tamén é a meta e onde se celebrará a cerimonia de entrega de trofeos o domingo 14 ás 13:00 h (moitos corredores durmirán nestas instalacións).

A progresión da proba pode seguirse en directo en: https:// tracktherace. com/é/ pontevedraid-2019.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.