Comarcas

@BngAsneves quere acadar o apoio suficiente para dotar á vila de servizos públicos de calidade

O Bloque Nacionalista Galego das Neves tentará acadar o apoio suficiente das veciñas e veciños para poder levar adiante os proxectos que permitan o desenrolo da “nosa vila”.

Este é o obxectivo dos homes e mulleres que forman parte da candidatura do BNG para as vindeiras Eleccións Municipais, salienta o alcalde e candidato a reelección, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Para levar adiante este traballo, a lista do Bloque da entrada a novas persoas que veñen a “completar e reforzar” o labor feita polo BNG no pasado mandato.

Aposta por servizos públicos de calidade

Rodríguez Méndez dirixirá un equipo que ten que consolidar un modelo de Concello aberto e de futuro, no que unha das apostas fundamentais será contar con “servizos públicos de calidade”, que cre nun urbanismo adaptado ás necesidades das persoas, na equidade e na igualdade, que aposta por unha vila “atractiva para vivir e para visitar” e na que todas e todos “esteamos orgullosos” de ser das Neves.

O mesmo estará integrado, nos seus primeiros 6 postos polo propio alcalde, Laboralista de 54 anos de idade, veciño de Tortoreos; Óscar González Álvarez, actual tenente de alcalde, de 36 anos, Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos, de Taboexa; Pilar González Casas, de 59 anos, Licenciada en Ciencias da Educación, veciña das Neves; Rocío  Barreiro Rodríguez, de Santiago de Ribarteme, 28 anos, Licenciada en Química; Elena Giráldez Pereira, de 39 anos de idade, veciña da Estación das Neves, Auxiliar Administrativa, e Juan Carlos Gil Guille, Licenciado en Dereito de 49 anos, veciño de Santa Eulalia de Batalláns.

También te puede interesar