'Qué te cuentas?' Galicia

Aberto ata o día 14 o prazo para a convocatoria de 147 prazas de auxiliares de policía local

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana un novo proceso de selección unitario para a cobertura de 147 prazas de auxiliares de policía local para dar servizo a próxima tempada de verán nos concellos galegos. O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o domingo 14 de este mes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O procedemento de selección será o de oposición por quenda libre, e posteriormente as persoas que superen este proceso selectivo serán contratadas. As probas a realizar serán un test de coñecementos de 50 preguntas, máis as probas físicas sinaladas na convocatoria.

Todos aqueles que non teñan o Celga 3 de coñecementos da lingua galega, tamén deberán realizar unha proba de coñecementos do noso idioma.

As persoas aspirantes aprobadas e as incluídas na lista de reserva deste proceso selectivo deberán superar un curso de formación teórico-práctico na AGASP como requisito indispensable para ser contratadas como auxiliares de policía local.

También te puede interesar