Galicia

Os traballadores de limpeza dos hospitais públicos de Galicia, en folga dende o vindeiro día 10

CIG y Comisións Obreiras anunciaron este martes a convocatoria  dunha folga indefinida, dende o vindeiro mércores 10 de abril, na limpeza sanitaria de toda Galicia.

O motivo da mesma, segundo anunciaron en rolda de prensa, é o feito de que as concesionarias deste servizo-Ilunión, Grupo Faro, Clece e Grupo Norte- néganse a pagar o plus de equiparación salarial.

Os sindicatos culpan directamente ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) de non cumprir cos acordos acadados en 2008 e 2009 e que foran renovados o ano pasado.

A folga, adiantaron os representantes dos traballadores, será nos hospitais públicos das catro provincias.

You may also like