Comarcas

@ArboConcello inicia as obras de recuperación do Casco Histórico

O Concello de Arbo, vén de recibe da Deputación de Pontevedra, ao abeiro das axudas para a “Rehabilitación do Casco Histórico”, unha subvención de 5.051,00€.

Segundo informan dende o Concello, as obras abranguen a substitución de pezas rotas, asentamento de pezas soltas e colocación de pavimentación, para uso exterior, de pezas regulares de granito similares as existentes.

Tamén se realiza a colocación de pasamáns no lugar de San Xoan, pola perigosidade que supón para o paso de peóns.

Os traballos consisten na fabricación e colocación de 12 metros de varanda de aceiro inoxidable calidade 304 brillo, formada por barra pasamáns e columnas de tubo redondo de 43 mm, tubos horizontais de 40X20 e barrotes de tubo redondo de 16 milímetros cunha altura total de 1 metro.

Te podría interesar