Galicia Vigo al minuto

Adxudicadas dúas vivendas de protección nas rúas Cruz Verde e Ferrerería, no Casco Vello

O Goberno de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sorteou este mércores en  Vigo dúas novas vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello, nos edificios Cruz Verde 8 e Ferrería 8.

O nome dos adxudicatarios provisionais, así como a orde dos posibles reservas, quedou establecido esta mañá ante notario e pódese consultar na seguinte ligazón: http://igvs.es/web/actuamos/600

Concretamente, a edificación de Cruz Verde 8 permitiu a creación dunha vivenda unifamiliar de tres dormitorios distribuída en planta baixa e tres pisos, e conta tamén cun pequeno patio posterior cara ao que se orientan as zonas de servizo. A planta baixa é unha área de apoio para a vivenda e alberga, ademais do espazo propio para o recibidor e o oco da escaleira, un despacho e un pequeno almacén. Trátase da segunda promoción do CCVV nesta rúa.

En canto a Ferrería 8, distribúese en planta semisoto, planta primeira e planta segunda baixo cuberta. Consta de dous dormitorios, de aproximadamente 11 e 15 metros cadrados, dous aseos, un baño, un estudo e un lavadoiro. A superficie construída total é de 178,84 metros cadrados, dos cales 111,35 son útiles. O edificio ten tres fachadas, abertas ás rúas Ferrería e Baixada a Herba e supón o sétimo dos inmobles rehabilitados polo ente nesta rúa.

As dúas novas promocións do CCVV supuxeron para este organismo un investimento en conxunto de 370.000€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.