RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Dous mortos e 59 feridos en accidentes de tráfico en Galicia a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 61 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 22, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 24 de marzo.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 61 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 69. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 56 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 55 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

También te puede interesar