O vindeiro domingo, 24 de marzo, ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello, organizan, coma parte da programación da Festa do Requeixo, que terá lugar nas Neves os días 19 e 20 de abril, a VIII ruta BTT “Los 66 del Requesón”, e unha nova Ruta de Sendeirismo polos montes da vila.
Ruta BTT
A Ruta BTT, ten dous percorridos de dificultade media: un longo de 66 quilómetros e outro curto de 33. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición entrando en http://www.acdsanomedio.com.
A organización pon a disposición dos participantes: duchas, lavado de bicis, ‘Coche escoba’, ambulancia medicalizada, avituallamentos (un sólido máis un líquido, dous líquidos máis froita) e asistencia e ruta. Ó finalizar a proba habilitarase unha zona de asistencia fisioterapéutica da man de Equilibrio; Centro de Rehabilitación, Fisioterapia, Osteopatía e Biomecánica para os participantes que o precisen.
Ademais, na meta os deportistas terán agardando un prato de pasta, requeixo e viño de Rubiós. O prezo xeral é de 10€.
Sendeirismo
Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo por Cerdeira que finalmente terá a distancia duns 8 quilómetros e pensada para todas as idades. Dispón de avituallamento sólido e líquido e de Seguro de Accidentes e desplazamento en autocar de ida e volta a Cerdeira.
Será obrigatorio a inscrición previa entrando en http://www.acdsanomedio.com/ruta-sendeirismo-do-requeson-2/ ou por medio de SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616992177 ou 629270651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico ao enderezo organización acdsanomedio.com. O prezo é de 5€.