Comarcas

@AsNevesConcello empeza a actividade da Feira do Requeixo e Mel 2019 cunha nova Ruta BTT e outra de Sendeirismo

O vindeiro domingo, 24 de marzo, ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello, organizan, coma parte da programación da Festa do Requeixo, que terá lugar nas Neves os días 19 e 20 de abril, a VIII ruta BTT «Los 66 del Requesón», e unha nova Ruta de Sendeirismo polos montes da vila.

Ruta BTT

A Ruta BTT, ten dous percorridos de dificultade media: un longo de 66 quilómetros e outro curto de 33. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición entrando en  http://www.acdsanomedio.com.

A organización pon a disposición dos participantes: duchas, lavado de bicis, ‘Coche escoba’, ambulancia medicalizada, avituallamentos (un sólido máis un líquido, dous líquidos máis froita) e asistencia e ruta. Ó finalizar a proba habilitarase unha zona de asistencia fisioterapéutica da man de Equilibrio; Centro de Rehabilitación, Fisioterapia, Osteopatía e Biomecánica para os participantes que o precisen.

Ademais, na meta os deportistas terán agardando un prato de pasta, requeixo e viño de  Rubiós. O prezo xeral é de 10€.

Sendeirismo

Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo por Cerdeira que finalmente terá a distancia duns 8 quilómetros e pensada para todas as idades. Dispón de avituallamento sólido e líquido e de Seguro de Accidentes e desplazamento en autocar de ida e volta a Cerdeira.

Será obrigatorio a inscrición previa entrando en http://www.acdsanomedio.com/ruta-sendeirismo-do-requeson-2/ ou por medio de SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616992177 ou 629270651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico ao enderezo organización acdsanomedio.com. O prezo é de 5€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.