'Qué te cuentas?' Comarcas

@ConcelloNigran abre o prazo para solicitar axudas de inserción e emerxencia social

O Concello de Nigrán, a través da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), do 13 de marzo, abriu o prazo para solicitar axudas de inserción e emerxencia social.

Estas axudas teñen como obxectivo regular o outorgamento de axudas ou subvencións ante situacións de necesidade dos individuos ou das familias, así como estimular a súa incorporación social e laboral.

As mesmas constitúen unha prestación económica de carácter urxente e extraordinario, destinadas a paliar situacións carenciais e transitorias imprevistas ou excepcionais, así como para evitar o agravamento das mesmas. “Sirva como exemplo o pago de alugueres, hipotecas, fianzas, gastos de comunidade; conservación das vivendas e adquisición de mobiliario e equipamento, gastos de luz, auga ou gas, acometidas de saneamento e abastecemento, acondicionamento sanitario ou reformas en xeral”, sinalan dende o Concello.

As persoas en esta situación poden presentar solicitudes durante o resto do ano en curso, podendo cubrirse o gasto total da necesidade se así o estiman os Servizos Sociais. Os beneficiarios poden ser persoas individuais ou unidades familiares, sendo preciso ser maior de idade, estar empadroado en Nigrán cunha antigüidade mínima de 6 meses e non dispoñer de ingresos suficientes.

También te puede interesar