RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Galicia

Estar vacinado é un dos requisitos que terán que cumprir os cativos para entrar nas garderías de Galicia

Para matricularse nas garderías que dependen da Xunta, as populares ‘Galiña Azul’ e as concertadas, un dos requisitos que terán que cumprir os cativos é o de ter postas todas as vacinas.

Así o establece as normas para poder pedir praza nunha destas escolas infantís. O prazo para facelo ábrese este venres, día 15, e tal e coma adiantara o Goberno galego un dos requisitos será presentar calendario de vacinación.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá a apertura do prazo de presentación de solicitudes para nenas e nenos de ata 3 anos.

También te puede interesar