Cultura Destacados

@odscoia organiza a palestra: “Sindicatos de inquilinas. En defensa dun alugueiro xusto!”, en Vigo o vindieiro xoves

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo, Mos, Tui e BaixoMiño xunto á Oficina de Dereitos Sociais (ODS)-Coia organizan unha palestra baixo o título: “Sindicatos de inquilinas. En defensa dun alugueiro xusto!”. Será este vindeiro xoves, 14 de marzo, ás 19:30 e conta coa presenza de Nùria Comerma i Cortada, activista do Sindicat de Llogaters de Barcelona. O acto celebrarase nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” (rúa Baiona 9, Coia – Vigo).

“Levamos anos na loita pola defensa do dereito á vivenda e a un alugueiro asequible, estable, seguro e digno. Co obxectivo de avanzar na reivindicación colectiva dos nosos dereitos convidamos a unha compañeira do Sindicat de Llogaters de Barcelona para falar sobre a súa experiencia neste sindicato”.

Estes sindicatos nacen “como una iniciativa transversal pero con una clara conciencia política y colectiva. Queremos aglutinar a los vecinos que vivimos de alquiler para reivindicar conjuntamente nuestros derechos”.

Quen teña dúbidas coma estas: Non atopas vivenda en aluguer? Coa RISGA, PNC, RAI ou subsidio non achas vivenda? Non teño nómina, nin aval polo que ninguén me aluga? Pode acudir a esta palestra.

You may also like