Galicia Vigo al minuto

@En_Marea esixe á Xunta que se implique na búsqueda de solucións para o conflito laboral de Bosch

En Marea esixiulle á Xunta de Galicia este luns que se implique na búsqueda de solucións para o conflito laboral de Bosch Vigo. O seu voceiro subliñou que 800 empregos están en perigo por un ERTE e xa se produciron os despidos de 200 persoas que estaban contratadas a través dunha Empresa de Traballo Temporal.

Os deputados Luís Villares e Pancho Casal reuníronse na cidade co persoal afectado e anunciaron iniciativas no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados para evitar os despidos e a deslocalización.

Villares salientou que «non entendemos por que o Goberno permite unha deslocalización dun sector que é estratéxico para o bo funcionamento da nosa industria”. Ao seu xuízo, “temos dúas reformas laborais que están facendo que as traballadoras e traballadores do sector de servizos máis importante do país, con 10 mil empregos, estea sendo deslocalizado sen que se faga nada para evitalo».

O voceiro de En Marea incidiu en que «sabemos que as empresas están tendo uns beneficios ben avultados por estes servizos que prestan os e as profesionais, e polo tanto, non entendemos o por que da deslocalización».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.