Galicia Vigo al minuto

@En_Marea logra a aprobación da axilización dos trámites de cara a aproveitar a vía en desuso entre Redondela eVigo coma ruta ciclista

A Comisión de Seguridade Vial aprobou este mércores, coa abstención do PSOE e do PP,  a proposición non de lei de En Marea que pide ao Goberno a axilización dos trámites para a cesión da vía ferroviaria entre Pontevedra, Arcade, Redondela e Vigo.

Nun segundo punto da proposición, En Marea demanda que se facilite a posta a disposición da infraestrutura precisa para estender as rutas ciclistas pola costa galega, desde Tui até Ribadeo, no marco do impulso da Rede Europea EuroVelo.

Na defensa da súa iniciativa, a deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, salientou as avantaxes de ampliar espazos adicados ao ciclismo como poñen de manifesto numerosos estudos. A bicicleta como un medio de transporte alternativo que aporta beneficios tanto na redución da contaminación, como na aposta polo medio ecolóxico, como no ámbito da saúde, a diminución do ruido e da contaminación acústica, o aforro económico e enerxético que supón”.

Fernández puxo de manifesto que téñense cuantificado económicamente os beneficios como o aforro nos custes de uso e mantemento de vehículos, o correspondente ao aforro de tempo nos desparazamentos, a realización de exercicio físico e a redución de emisións.

También te puede interesar