Comarcas

@depo_es inviste 500.000 € na ampliación do Centro Cultural de Rubiós en @AsNevesConcello

A presidenta da Deputación visitou este mércores, xunto ao alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e o deputado provincial Santos Héctor, as obras de ampliación do Centro Cultural de Rubiós, unha actuación que conta cun orzamento de 499.457,75€ e que está financiada na súa totalidade pola Deputación. Máis polo miúdo:  399.566,20€ ao abeiro do Plan de Reequilibrio e o restante a través do Plan Concellos.

Carmela Silva mostrouse «encantada de que os concellos garantan os servizos a toda a veciñanza e especialmente neste caso no que falamos dun centro ligado á cultura, un instrumento fundamental de desenvolvemento económico e social».

Silva felicitou ao goberno municipal das Neves por levar a cabo un proxecto transformador que a veciñanza exixe. A presidenta engadiu que «»desde a nosa chegada ao goberno estamos a facer  un enorme esforzo para que todos os concellos da provincia teñan recursos repartidos con equidade e nesta liña temos un firme compromiso co concello das Neves, onde investimos preto de 4 millóns durante mandato».

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, agradeceu a Carmela Silva a súa xestión, afirmando que «este novo Goberno da Deputación de Pontevedra supón un antes e un despois na xestión pública municipal e nós estamos encantados de que tomasen a valente decisión de crear plans como o Plan Concellos para sexamos os concellos os que xestionamos os cartos en función das necesidades dos veciños e veciñas».

A actuación visitada este mércores dota ao Centro Cultural de Rubiós de tres salas polivalentes. Amais, ampliase o escenario, que incorporará un camerino-almacén; acondicionase a parcela norte como aparcadoiro, e mellorase a accesibilidade e a comunicación dos edificios.

O alcalde explicou que «quixemos aproveitar o Plan de Reequilibrio para construír un instrumento social» e engadiu que «estamos a falar dun equipamento musical que non está no centro da vila, senón que está no centro musical da nosa vila, Rubiós, onde ten sentido que estea. Polo tanto estamos a levar a cabo un gran proxecto que servirá para cubrir as necesidades da nosa veciñanza e que servirá para que a nosa sociedade poida seguir formándose e ampliando o seus coñecementos».

4 millóns de euros nas Neves no que vai de mandato

O goberno de Carmela Silva ten investido no concello das Neves preto de 4 millóns de euros, o maior investimento feito nunca neste municipio na historia da Deputación.

Só co Plan Concellos, a través da Liña 1, As Neves puido financiar estes anos un total de 39 obras por máis de 2 millóns de euros, e ao abeiro da Liña 3 de Emprego o goberno local puido contratar a 57 persoas desempregadas para traballar no concello.

Amais, co vixente Plan Concellos 2019, As Neves dispón de máis de medio millón de euros (556.434,20 euros), un 2,9% máis que en 2018.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.