Galicia

@AGuarda_es inaugura unha nova Casa do Concello

A Guarda inaugura este venres a nova Casa do Concello na “Casa dos Alonsos”. As dependencias muncipais xa se atopan neste lugar dende finais do ano pasado.

A Casa do Concello tivo ao longo da súa historia varios propietarios, pasando a ser de titularidade municipal en 2001. As obras de rehabilitación comezaron no ano 2009 e remataron o pasado verán.

O edifico orixinal era unha ‘Casa Indiana’ de arquitectura señorial urbana cunha elegante fachada de pedra nobre que foi conservada e restaurada.

También te puede interesar