Galicia Vigo al minuto

Feijóo asegura que o Goberno de Galicia fixo todo o posible por Vulcano e adianta que non se comprometerá con máis entregas en prazo

O presidente do Goberno de Galicia subliñou este martes en Vigo que a Xunta deu todo o seu apoio ao astaleiro Vulcano, ata en dúas ocasións, e adiantou que xa non pode asumir o compromiso de “entregas en prazo», en referencia  ao buque que está sen rematar.

Alberto Núñez Feijóo, que estivo na cidade para participar no comité de Navalia contrapuxo o gravísimo estado de Vulcano co aumento dos pedidos do resto dos astaleiros da Ría, que “crean emprego, gañan cartos e cumpren cos seus compromisos en prazo”.

O presidente asegurou que o sector naval de Galicia está na súa mellor época dos últimos dez anos e que conta con 27 contratos en vigor e 15 novos pedidos o cal supón a metade de toda a construción naval do Estado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.