Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de «indecente» que o alcalde fale de proxectos con Vodafone cando quere deixar na rúa a 1.200 persoas

O concelleiro de Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome, cualifica de “indecente e absolutamente incoherente» a actitude do alcalde cando, sendo coñecedor do ERE que Vodafone pretende aplicar no conxunto do Estado, no que deixaría na rúa a un total de 1200 persoas, 32 en Vigo, priorice reunirse coa empresa que coa representación sindical, para, posteriormente, anunciar un fito que «colocará a Vigo no punto de mira e atención de toda Europa».

A xuízo de Jácome, “o que si semella estar liderando Vigo son os múltiples conflitos laborais e EREs sen ningún tipo de reacción por parte dun Goberno local que se define como socialista”.

«Non chegando con isto, di o alcalde que vai pedir axudas ao Ministerio para estar dous anos e medio co proxecto. Isto é un insulto, que unha empresa que pretende deixar na rúa a 1.200 persoas reciba axuda económica que, en definitiva, ven dos mesmos petos do persoal que a empresa vai despedir».

Por todo isto, Marea de Vigo esixe ao Goberno municipal que  «defenda os intereses da súa veciñanza, que tamén son os desas 32 familias, e poña condicionantes estritos ás empresas, condicionantes que pasan, como mínimo, polo mantemento e mellora do emprego”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.