Destacados

@AsNevesConcello conquire que, por fin, a Xunta licite as obras da nova Gardería

O Goberno local das Neves vén de acadar que, por fin, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, aprobe a licitación da Escola Infantil. O propio xerente do Consorcio,  Perfecto Rodríguez, chamou ao alcalde nacionalista das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, para darlle a nova.

A ‘gardería’ bota a andar, indica o alcalde, logo de que o Goberno local asinase un convenio, hai máis dun ano, co Consorcio para impulsar a construción da mesma.

Dito convenio establecía que o Concello das Neves tiña que realizar e pagar o proxecto da escola infantil, “como así fixemos”; poñer a dispor un inmoble municipal, “que será a antiga casa do conserxe do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé ” e, por último, achegar unha porcentaxe do custo total das obras, que será duns 300.000€, “o cal tamén completamos destinando ás mesmas 75.000€ dos orzamentos municipais”, explica Xosé Manuel Rodríguez.

Finalmente a Escola, “unha demanda e unha necesidade que temos en As Neves”, vai ser unha realidade. O alcalde agradece e recoñece “o esforzo e a paciencia dos membros da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP e dos futuros usuarios deste centro” e amosa a súa ledicia porque este proxecto “no que levamos traballando tanto tempo, vaia a ser unha realidade”.

También te puede interesar