Destacados Vigo al minuto

@odscoia organiza este venres, día 15, o faladoiro ‘RISGA: da esmola ao dereito’

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) segue adiante coa campaña galega «Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito» na que diversos colectivos e asociacións denuncian a “miserenta axuda social” que é a Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA).  Este mes de febreiro haberá dous faladoiros baixo o título: «RISGA: da esmola ao dereito».

O acto será o venres 15 de febreiro ás 20:00 nos locais da parroquia do «Cristo da Vitoria» -rúa Baiona 9, Coia-. No acto, ademáis de Beatriz Lorenzo (ODS-Coia) que dará información sobre a campaña galega, participarán: Milagros Pérez (Integradora Social e perceptora da RISGA);  Adrián Romero (perceptor da RISGA) e Marta Vallejo (traballadora social en Servizos Sociais Comunitarios).

“A campaña pretende presentar ao conxunto da sociedade a necesidade de converter a RISGA, nun contexto de sociedade empobrecida, nun verdadeiro dereito”. A mesma incide, cando menos, nun modelo con estas características: – 1.-RISGA como dereito cidadá, nunha sociedade empobrecida; 2 – RISGA como dereito individual e respectuosa cos proxecto de vida das persoas; 3 – Unha RISGA, suficiente e digna, que tome como referencia o Salario Minímo Interprofesional para superar as miserentas contías actuais (403,38 €) e,4 – unha RISGA accesible e eficaz, que mediante tramitacións eficientes garanta un prazo máximo dun mes para o acceso a mesma.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.