Galicia Vigo al minuto

O Concello enviará 1.000 alumnos a estudar idiomas ao país de orixe (Vídeo)

Imaxes: Paula Crespo/O Concello atenderá as 962 solicitudes que cumpren os requisitos para acceder ao programa ‘Vigo en Inglés 2019’. O Goberno Local utilizará a marxe de aumento dun 20% do número de prazas que prevé o contrato. Deste xeito  outorgaranse unhas 900 achegas.

O ano pasado foron 766 as solicitudes que cumprían os requisitos e foron atendidas. Este ano a cifra foi máis elevada o que obrigará a aumentar en 340.000 euros o orzamento.

As prazas previstas neste 2019 eran 750, pero contabilizadas as peticións, o orzamento ascenderá a 2.044.000€,. A esta  cifra  haberá que sumar outras 100 bolsas para os alumnos da Escola de Idiomas.

Te podría interesar