Ciencia y Tecnología Vigo al día

Sete médicos de familia empezan a traballlar coma interinos na Área Sanitaria de Vigo

O Servizo Galego de Saúde informa de que este luns comezan a traballar, como interinos, varios médicos. Son os que cobren as prazas dos centros de saúde de Coia e Cuba, en xornada de tarde. Además de os do  Casco Vello e Teis de mañá, e nos Puntos de Atención Continuada (PACs) de Cangas e Porriño.

“A isto hai que engadirlle a nova praza creada no centro de saúde Porriño, cuxo propietario se incorporará o día 1 de marzo”, indican dende o SERGAS.

As prazas, na súa maioría son vacantes e reservas que resultaron do concurso de traslados, xubilación e outras situacións administrativas.

Segundo os responsábeis da Área Sanitaria de Vigo, no momento actual, dos médicos 433 médicos de atención primaria da área sanitaria de Vigo, o 77,36% (335) son fixos con praza en propiedade”.

134 profesionais da enfermaría

Na mesma liña, Sanidade indica que a pasada semana  “consolidouse a 134 profesionais dos colectivos de enfermaría e de Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAEs)” do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

También te puede interesar