Galicia Sucesos

Milleiros de persoas claman en Compostela contra os recortes e a privatización da Saniade Pública de Galicia

Milleiros de persoas atenderon a chamada de SOS Sanidade Pública e saíron á rúa este domingo en Compostela. Baixo o lema ‘Sanidade Pública en Perigo. Defendámola’, os manifestantes clamaron contra os recortes da Xunta na sanidade e denuciaron a “privatización” impulsada polo goberno do Partido Popular.

Con berros coma ‘Non, non non á privatización!’ ou ‘Feijóo atende a sanidade non se vende!’, a mobilización saíu ao mediodía da Alameda. Centos de profesionais, ademáis de preto de 20 asociacións, colectivos e plataformas apoiaron esta concentración.

A mesma é parte das denuncias que está a facer  persoal da sanidade pública galega. Entre elas están as dos xefes de Atención Primaria de Vigo, que dimitiron en bloque. Tamén as dos médicos e persoal de Enfermería dos PACs. A folga dos profesionais de Urxencias de Santiago e, dende hai uns días, o paro do sector das ambulancias.

También te puede interesar