Comarcas

@AGuarda_es ultima o prazo de inscricións para o novo curso para a formación de camareiros en bares e restaurantes na Guarda

Por segundo ano a Concellería de Turismo da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros. O mesmo terá lugar do 9 de febreiro ao 6 de abril.

O obxectivo  é formar a novos camareiros, “de cara á profesionalización do sector do turismo, tan importante para A Guarda”.

Os participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición do material, servizo de alimentos e bebidas e atención ao cliente

A duración total do curso será de  80 horas. das cales, 40 horas estarán destinadas á formación teórica e práctica. Ao finalizar, o alumnado tamén recibirá el diploma de manipulador de alimentos. Ademais esta formación completarase coas indicacións en alérxenos. Esta formación terá lugar os sábados pola mañá de 9.00 a 14.00h.

Esta formación completarase con outras 40 horas de formación práctica non laboral en locais da Guarda, “segundo o perfil de cada alumno”.

As prazas son limitadas. As inscricións realizaranse ata o mércores 6 de febreiro na Oficina de Turismo do Concello, na Praza do Reló, 1. Os interesados  deberán cumprimentar a ficha de inscrición. Poden contactar no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través do correo electrónico [email protected].

Debido ao comezo inmediato o xoves 7 de febreiro darase a coñecer o listado de admitidos para xa comezar a formación o sábado 9 de febreiro.

También te puede interesar