Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

134 profesionais de enfermería e auxiliares empezan a traballar este venres nos hospitais públicos de Vigo

972 profesionais compoñen o cadro de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)

O SERGAS informa de que este venres comezan a traballar en Vigo (CHUVI), como interinos, 91 profesionais de enfermaría. Un deles especialista en saúde mental, e 43 Técnicos en Cuidados Auxiliares de Enfermería (TCAE).

“As prazas, na súa maioría son vacantes e reservas que resultaron do concurso de traslados, xubilación e outras situacións administrativas”. Indican dende o SERGAS.

Este persoal se incorpora a diversos destinos como quirófanos, hospitalización, Unidade de Coidados Intensivos (UCI) ou Urxencias. “Os destinos foron elixidos polos profesionais para traballar nalgún dos tres hospitais: Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Peña”.

Dende o Servizo Galego de Saúde sublíñase que a selección de persoal foi realizada atendendo ao seu número de orden nas listas de contratación durante o pasado mes de xaneiro. “A  pesar do seu volume, o proceso realizouse polo servizo de persoal da Área Sanitaria de Vigo”. O proceso foi “sen incidencias e  co acordo dos representantes dos traballadores”.

Alta porcentaxe de persoal fixo

O total de persoal de enfermaría do cadro de persoal do CHUVI ascende a 972 persoas, do que un 74%  é fixo, con praza en propiedade  -720 profesionais-.No referido Técnicos en Cuidados Auxiliares de Enfermería, o Chuvi conta con 787 efectivos, dos que 514 son propietarios da súa praza-o 65%-.

También te puede interesar