'Qué te cuentas?' Galicia

Protesta dos traballadores das ambulancias antes de iniciar unha folga o día 8 de febreiro

Traballadores das ambulancias iniciaron este xoves as mobilizacións anunciadas antes do inicio da folga. A mesma está convocada para o vindeiro día 8. Dende ese día-ata o 11- os paros serán, en principio, de unha horas. No caso de que a patronal do sector non chegue a un acordo, pasará a ser indefinida o día 20.

Hoxe, en Vigo, os traballadores concentráronse no Hospital Álvaro Cunqueiro para denunciar que as empresas non fixeron unha oferta viable. Segundo denuncian os sindicatos, a patronal pretende que acepten unha rebaixa dun 10% nos salarios.

Os traballadores culpan desta situación no só as empresas, tamén á Xunta. Ás empresas porque foron á baixa presentando ofertas por debaixo dos orzamentos de saída. E á Xunta porque fixo licitacións sabendo que os cartos non cubrían nin as nóminas.

También te puede interesar