RGPD - Cookies
Comarcas

@ArboConcello contará cunha ‘Casa do Maior’

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, e a presidenta de S. Coop Galega, María Péz, veñen de asinar o convenio de cesión para a creación da Casa de Maior.

Coma explica o alcalde, trátase dunha iniciativa impulsada dende o Goberno de Galicia. A mesma permitirá a atención a persoas maiores, incluindo todos os servizos para o seu benestar. “Este proxecto  favorecerá a mellora da calidade de vida dos veciños e Arbo e a creación de postos de traballo”.

Contorna sen atención á terceira idade

A ‘Casa do Maior’ é unha alternativa para unha contorna na que non existen recursos de atención para este colectivo. O mesmo facilitará o mantemento no medio social habitual. Ademáis, “cúmprense as necesidades de atención das familias e favorécese a equidade no acceso aos servizos”.

A S. Coop Galega será a encargada da rehabilitación e mantemento da Vivenda de Sela para ofrecer un servizo adecuado ós veciños. Esta cooperativa comprométese a empregar a persoas de Arbo para a atención dos seus residentes. Este é un requisito establecido  na concesión da achega a esta cooperativa por parte da Xunta.

Pola súa banda a cesión do inmole para a Casa do Maior faise por un periodo de 15 anos. As obras de rehabilitación comezaran en febreiro e a casa estará funcionando antes de 6 meses.

También te puede interesar