Ciencia y Tecnología Galicia

O Meixoeiro sitúase coma un referente en ciruxía ocular

O Servizo de  Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario e Universitario de Vigo (CHUVI) recibiu a oito profesionais do Hospital CUF Tejo de Lisboa, aos que amosou a técnica do láser de última xeración. A mesma se emprega no Hospital do Meixoeiro para as operacións de cataratas moi complexas.

Catro facultativos e outras catro enfermeiras especialistas do hospital lisboeta asistiron a 7 intervencións de cataratas. As mesmas foron realizadas mediante a técnica do láser  “Femtosegundo”.polo equipo que dirixe o xefe de servizo de Oftalmoloxía do  CHUVI, o doutor Luís Cadarso.

Láser de última xeración

O láser de última xeración “Victus” instalouse no Meixoeiro hai pouco máis dun ano. “Neste período obtivéronse uns resultados excelentes”, sinala o doutor Cadarso.  A tecnoloxía do láser “Femtosegundo” é pioneira en Galicia e proporciona unha enorme seguridade grazas a precisión con que o láser realiza os cortes no tecido ocular. O que reduce o índice de complicacións mentres dura a intervención.

Un avance moi importante

“Supón un avance moi importante tanto para os cirurxiáns como para os pacientes. É un procedemento  indoloro e que se realiza cunha gran axilidade pola precisión que achega”.

«Os resultados nos pacientes son excelentes”, explica o xefe de servizo de Oftalmoloxía. O paciente só experimenta, mentres actúa o láser no interior do ollo, unha sensación de leve presión. “É totalmente indoloro”, di o doutor Cadarso.

No Hospital do Meixoeiro realízanse ao ano preto dun milleiro de operacións de Oftalmoloxía. A metade delas son intervención de cataratas de distinto grao de complexidade.

Este sistema láser permite abranguer outras moitas intervencións que se fan en oftalmoloxía. De feito, tamén está orientado á realización de transplantes de córnea e implantes de aneis cornais no ollo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.