A voceira de En Marea no Congreso anunciou este luns que o grupo retiraba a petición de comparecencia da ministra de Facenda. A decisión está xustificada polo acordo co Goberno para reabrir as negociacións para aumentar o investimento en Galicia.
«Alcanzamos un principio de acordo co Goberno”, dixo Yolanda Díaz. A deputada engadiu que «esta semana ábrese un grupo de traballo para negociar outra proposta de orzamento para Galicia».
A deputada amosou a súa «satisfacción» por este cambio de rumbo do Goberno. «Os nosos votos son determinantes”, salientou. “A proposta orzamentaria para Galicia non era boa”, engadiu.