RGPD - Cookies
Comarcas

@ConcelloNigran inviste, con cargo ao Plan Concellos de @depo_es, 92.000€ na mellora das instalacións eléctricas de cinco colexios

O Concello de Nigrán adxudicou o acondicionamento das instalacións eléctricas en cinco colexios públicos por un importe de 92.242 €. O mesmo farase a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2017.

As obras, que comezarán a inicios de febreiro, permitirán mellorar a infraestructura do CEIP Humberto Juanes (21.564 €) Carlos Casares (17.210 €), Mallón (18.518 €) , Da Cruz (19.857 €) e As Dunas (2.827 €). Todos eles teñen unha instalación obsoleta que precisa acondicionarse para o cumprimento da normativa. A renovación estará finalizada a mediados de marzo e se realizará fora do horario lectivo cando sexa preciso realizar cortes de luz.

«Trátase dunha demanda dos centros á que damos resposta dende o Concello sen recibir ningunha axuda da Xunta a cambio pese a ser Educación a súa competencia». O alcalde suliña que dende o Concello “triplicamos a partida en catro anos: de 11.000 € a 30.000 €».

También te puede interesar