Galicia

AER volve a presentarse ás Eleccións Municipais en Redondela

A Agrupación de Electores de Redondela, reunida en Asemblea Xeral, decidiu que AER se presentará por terceira vez ás eleccións municipais o próximo mes de maio. Para que iso necesita recoller, como mínimo, 500 sinaturas de veciños e veciñas de Redondela con dereito a voto.

Segundo indica a agrupación, esta é a diferencia máis grande entre AER e os partidos políticos convencionais. “AER, como agrupación de electores, necesita previamente acadar un respaldo da veciñanza para presentarse ás eleccións”.

AER defende os principios cos que leva traballando dende hai 8 anos. “Coherencia: comprometeuse a non apoiar a ningún candidato á Alcaldía e non entrar nun goberno con outro partido”. E “así se fixo”.

“Rotación de concelleiros: en AER non hai ovellas nin hai pastores. En AER non existe a xerarquía, todos os seus membros teñen a mesma voz e o mesmo voto”. Por este motivo, renova  á metade de mandato a os seus concelleiros

“Organización asemblearia, AER funciona cunha organización onde as decisións se toman por votación e de xeito mancomunado”.

También te puede interesar