RGPD - Cookies
Galicia

6.752 persoas optarán a 76 prazas de camareiro, limpador e axudante de cociña da Xunta

6.752 persoas participarán nas oposicións convocadas pola Xunta para cubrir 76 prazas de persoal laboral fixo. Os postos son de camareiro, limpador e axudante de cociña.

O martes, 29 de xaneiro o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará a resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.

Este proceso selectivo forma parte da convocatoria simultánea de oposición que inclúe 18 procesos selectivos. As relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas, poderanse consultar no portal web  www.funcionpublica.xunta.gal .

Novas oposicións

O Goberno de Galicia aprobou en decembro a oferta de emprego público da Xunta para 2018 cun total de 2.225 prazas. Segundo indican dende a Administración galega, o aumento de prazas é consecuencia da recuperación económica e dos cos sindicatos.

O mesmo ten o obxectivo de garantir que calquera persoa que cumpra os requisitos poida traballar na Xunta de Galicia.

También te puede interesar