Destacados Vigo al minuto

Uns 7.400 enfermos agradan en Vigo para ser operados

Segundo os datos difundidos polo Servizo Galego de Saúde, a área sanitaria viguesa mellora no recorte da listas de espera. Neste eido, aumenta a actividade e reduce as “demoras medias globais”, que en ciruxía baixan nun 10%.

Ao remate de 2018, a “demora media  global” para operarse en Vigo era de 79,8 días, 9 días menos que en 2017. A espera ‘media’ para ver ao especialista foi de 50.5 días, 3,1 menos que un ano antes (-  5,7%).

37.000 intervencións realizadas

O ano pasado, dacordo cos memos datos, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo superou as 37.000 operacións. En concreto, os profesionais efectuaron 579 máis que o ano anterior (+un 3,5%). Delas, 30.082  foron programadas (804 máis, +2,75%) e 6.927 urxentes.

Dende a Área de Vigo sublímase o aumento da cirurxía ambulatoria con 18.497 procedementos desta modalidade, o 61,4% do total.

Polo que se refire a demoras por especialidades, 7  das 14 especialidades cirúrxicas, sitúan a súa espera por debaixo dos 65 días. As que presentan mellores resultados son Cirurxía Torácica (28,8 días); Uroloxía (30,8 días); Neurocirurxía (43 días) ou Cirurxía Vascular (50,8 días) .

Os responsábeis de Área de Vigo destacan que a demora media para as intervencións cirúrxicas de Prioridade 1 é de 21.85 días, 2,4 menos.

Urxencias

No referido ás Urxencias, tanto as do hospital como as dos Puntos de Atención Continuada, en mantense moi similares as do ano 2017.

O Sergas indica que as urxencias de atención primaria atendidas nos PACs baixaron un 1,3%. No ano foron 265.833 atencións nos 10 dispositivos da área sanitaria. O PAC de Vigo realizou 61.469  atencións urxentes, un 1% menos que no pasado exercicio.

As urxencias hospitalarias creceron minimamente, nun 0,16%. Un total de 181.106 pacientes recibiron atención urxente no Álvaro Cunqueiro. Deles 129.626 foron adultos, 41.037 menores de 15 anos,  e 10.443 obstétricas. Do total das urxencias atendidas, un 15,02% requiriron ingreso hospitalario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.