Galicia Sucesos

Os traballadores de Vulcano péchanse no estalareiro

A partir de hoxe o armador pode renunciar ao contrato

Comité de empresa e traballadores de Vulcano están pechados no interior do despacho da dirección do estaleiro. Dende este xoves pola mañá reclaman, así, o pago das cinco mensualidades que se lles adebedan. Ademáis, esixen e unha solución  ás débedas coas auxiliares que permita traballar no barco que a compañía ten en carteira.

O peche foi acordado coincidindo co remate do prazo fixado para intentar reunir a todas as partes implicadas -empregados, dirección, Igape, armador, Banco Santander e Pymar-. Esta xuntanza ten co obxectivo de acordar o remate e entrega do único que barco que está no astaleiro.

Hai xa máis dun mes, as partes deixaron claro que o armador quería mercar o barco e que o Banco Santander estaba disposto a financialo.

Como condición puxo que Vulcano entregase un informe sobre o estado da embarcación, os traballos pendentes e o custe dos mesmos. Mais a pesar de que o estaleiro entregou o documento, a situación non mudou.

A semana pasada os sindicatos tiveron unha xuntanza no Igape coa Consellería de Industria, Pymar e XES Galicia. Na mesma o propio conselleiro lles solicitou que agardasen uns días porque ía convocar a todas as partes. Pero isto non sucedeu.

Ante isto, e unha vez expirado o prazo fixado polo conselleiro decidiron pecharse no estaleiro. Ademais, anuncian que mañá non permitirán o acceso da dirección nin do armador ás instalacións de Vulcano.

También te puede interesar