'Qué te cuentas?' Galicia

@SLG_labregxs denuncia que os baixos prezos do leite fixeron perder 66 millóns ás granxas galegas

O Sindicato Labrego Galego (SLG) vén de denunciar que as granxas galegas perderon 66 millóns de euros o ano pasado. O sindicato subliña que son 5,5 millóns ao mes. Este feito débese a que “temos  uns dos prexos do leite máis baixos”. Exactamente a media foi en 2018 de 31,9 céntimos por litro.

Se comparamos o prezo medio do leite en Galicia con outros países e rexións produtoras, “o panorama é desolador”. Só hai sete países na UE cuxo prezo medio baixe dos 32 céntimos: Bulgaria, Romanía, Hungría, Lituania, Letonia, Eslovaquia e Portugal. No outro extremo están: Irlanda (39’04 céntimos), Holanda (37’25 céntimos), Italia (37’08 céntimos), Alemaña (37’16 céntimos), Austria (38’68 céntimos), Bélxica (35’69 céntimos), Dinamarca (37’93 céntimos) ou Franza (36’73 céntimos).

Metendo no mesmo saco os 28 países da UE, o prezo medio do leite comunitario en decembro de 2018 foi de 35’87 céntimos. Ese prezo medio está moi preto do que se paga na veciña Asturias, 35 céntimos por litro en novembro. Esta bonanza dos prezos do leite en boa parte da Unión Europea explícase polo incremento do valor da manteiga, que se mantivo en valores que van dos 4’5 € aos 6’5 € por quilo durante os anos 2017 e 2018. A tendencia é que isto siga así e que, polo tanto os prezos do leite suban.

As industrias aceleran a sinatura de contratos para pechalos por baixo das subas no sector

Dende o Sindicato Labrego Galego alertan de que as industrias non teñen pensado repercutir a revalorización do leite nas granxas. “En distintas comarcas, hai industrias que están acelerando a sinatura de contratos antes de que os prezos suban”. Nas súas ofertas, “ofrecen incrementos moi pobres, en torno a 1 e 1’5 céntimos”.

También te puede interesar