Comarcas

@AsNevesConcello comezará nos vindeiros días as obras de mellora da mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns

O Concello das Neves comezará en breve as obras de mellora da mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns, contempladas xa no Estudo de Mobilidade de Espazo Público, e que, coma salienta o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “poñerán o acento na mellora da accesibilidade e seguridade vial nos percorridos peonís, tales como vados peonís, pasos de peón elevados e ampliación de beirarrúas”.

As obras incluirán tamén melloras da calidade ambiental como a introdución de verde e espazos de estancia, con novo mobiliario urbano e conexión coa Praza do Cruceiro.

Rodríguez Méndez incide na importancia de “garantir a comodidade e seguridade dos peóns” no conxunto dos espazos a intervir, a o interese en fomentar o uso da Praza do Cruceiro, na confluencia entre as rúas Entrecíns – Marquesa do Pazo – Álvaro Pino; mellora a calidade urbana e ambiental na contorna desta praza e a Casa da Xuventude e reducir, o impacto dos aparcamentos indebidos da rúa Entrecíns.

A obra abrangue dúas actuacións principais: por unha banda a transformación en un único sentido de circulación do tramo da rúa Marquesa do Pazo entre o cruce coa rúa Cruceiro e a rúa Álvaro Pino, e o cruce coa rúa Álvaro Cunqueiro e, doutra banda, a mellora das conexión peonís neste ámbito con novos pasos de peóns que dean continuidade e completen a rede, así como coa a conexión da Praza do Cruceiro coa beirarrúa sur do tramo de Marquesa do Pazo entre a praza e a rúa Álvaro Cunqueiro, e a ampliación de esta beirarrúa.

Para lograr estes obxectivos vaise transforman un treito de Marquesa do Pazo en sentido único –entre o cruce de marquesa do Pazo coa rúa Cruceiro e a rúa Álvaro Pino, e o cruce coa rúa Álvaro Cunqueiro-.

Así mesmo haberá un novo paso de peóns elevado na rúa Entrecíns, á altura da esquina oeste do cuarteirón da Casa da Xuventude; outro paso de peóns elevado na rúa Marquesa do Pazo, á altura da Praza do Cruceiro; do mesmo xeito farase unha ampliación do xardín existente e espazo para colectores de lixo e ampliación da praza cara o Leste, e por último, os traballos tamén acometerán a ampliación da beirarrúa de Marquesa do Pazo.

As obras, que contan cun orzamento total de 34.615,67 euros, teñen un prazo de execución de dous meses polo cal se agarda que estean rematadas antes de finais do primeiro trimestre deste ano.

Te podría interesar