RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es achega preto de 800.000€ para a recuperación da Praza da Paradela, en @viladeGONDOMAR

Carmela Silva, xunto ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou este luns as obras de humanización e rehabilitación da Praza da Paradela. “Estamos recuperando un espazo público para que as persoas volvan ser donas del e para que os vehículos deixen de ser os protagonistas. Recuperamos un novo espazo que acollerá á veciñanza de Gondomar e transformará por completo todo o centro da vila”, sinalou a presidenta da Deputación.

Trátase dunha obra integramente financiada pola institución provincial, cun investimento total de 798.820,74€. Silva sinalou que a través do Plan de Reequilibrio, a Deputación achega 639.056,65€, e os restantes 159.76409€ apórtaos o Concello mediante as achegas provinciais do Plan Concellos.

También te puede interesar