'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

807 persoas optarán a un posto de traballo por medio das tres oposicións convocadas pola Xunta

807 persoas participarán nalgunha das tres novas oposicións convocadas pola Xunta para acceder a un posto de traballo na Administración Autonómica. Ademais, outras 76 foron admitidas para participar en oposicións de promoción interna. As  prazas convocadas permitirán reforzar áreas relacionadas coas finanzas, a informática e as tecnoloxías da información.

O vindeiro mércores, 16 de xaneiro, está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das resolución da Dirección Xeral de Función Pública polas que se aproban e se dan a coñecer as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nestas oposicións.

As convocatorias destas oposicións publicáronse nos DOG do sete e oito de marzo de 2018. Para a escala superior de finanzas, convocáronse seis prazas pola vía de acceso libre,  con 183 persoas admitidas e sete excluídas; para a escala técnica de finanzas, hai 10 prazas –sete de libre acceso e tres de promoción interna- con un total de 475 aspirantes admitidos e 31 excluídos; e para a escala de sistemas e tecnoloxías da información convocáronse catro prazas –unha de promoción interna- con 168 admitidos e 9 excluídos.

Consulta das listaxes

As relacións de admitidos e excluídos poderanse consultar no portal web da Xunta. No caso das persoas excluídas figurará a causa de exclusión. Ademais, a listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, tamén con indicación da causa determinante da súa exclusión, figurará como anexo das resolucións que se publicarán no DOG

También te puede interesar