RGPD - Cookies
Galicia

Un representante de Vigo compite en @luartvg por seguir adiante no seu concurso ‘Recantos’

Samuel Represas, representante da comarca de Vigo no concurso “Recantos” do programa Luar da Televisión de Galicia, cantará para defender a continuidade do seu Recanto no concurso. O cantante, afincado na parroquia de Xinzo, en Ponteareas, representa a 11 concellos: Porriño, Mos, Salceda, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Soutomayor, Gondomar, Nigrán , Baiona e, por  suposto, Vigo.

Samuel Represas pechará, xunto a súa compañeira, a representante do Bierzo, a segunda fase. O tema que lle otorgaron é o coñecido “Vivir así es morir de amor” de Camilo Sesto. Samuel “precisará da axuda de toda a súa comarca xa que os televidentes mediante as súas chamadas, Whatsapps e os votos no Facebook e Twitter oficial do programa, outorgan 10 puntos a repartir entre ambos concursantes segundo a porcentaxe de votos acadados.

También te puede interesar