Ciencia y Tecnología Galicia

Preto e 25.000 persoas participaron o ano pasado nalguna das actividades astronómicas organizadas nas Illas Atlánticas

Case 25.000 persoas participaron en 2018 nalgunha das actividades, visitas guiadas e diferentes accións organizadas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia no marco da iniciativa Starlight, un sistema de certificación turística a nivel mundial que busca a protección dos ceos nocturnos mellor preservados fronte á contaminación luminosa ao tempo que se tenta potenciar o turismo arredor destes valores naturais.

Cómpre lembrar que o arquipélago das Cíes foi declarado destino turístico Starlight no ano 2016. Desde entón, o número de actividades que buscan difundir e promover a observación das estrelas desde as illas non deixou de medrar. Así, as 23.662 persoas que visitaron as Cíes este ano para participar nalgunha destas actividades– promovidas por entidades de divulgación astronómica en colaboración coa dirección do parque nacional- representan unha cifra récord e reflicten o crecente interese por este tipo de prácticas.

En concreto, a cifra de participantes pasou dos 9.740 de 2016 aos 15.390 de 2017 e aos case 25.000 contabilizados no que vai de 2018, é dicir, un 140% máis de participación que hai dous anos.

Aínda que o groso das actividades concentráronse nas Cíes, con 22.632 asistentes, o resto de illas do arquipélago tamén ofertaron distintos tipos de accións relacionadas coa observación astronómica. Así, no caso de Sálvora, 560 persoas participaron este ano en actividades grupais organizadas no marco do Starlight, en Ons contabilizáronse outras 315 visitas e en Cortegada, 155.

También te puede interesar