Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo pide que o Concello asuma a xestión directa do transporte urbano e dos aparcadoiros da cidade

Rubén Pérez asegura que o único que fixo o Goberno local na folga da ORA foi “entorpecer”

Imaxes:Paula Crespo/O voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo, advertiu este venres que, aínda que os traballadores da ORA desconvocaron-logo de 120 días- a folga que mantiñan, “o conflito non está rematado”.

Rubén Pérez criticou a actuación do Goberno local durante os pasados 4 meses, “o único que fixo foi entorpecer”, asegurou, reclamou que retire a concesión a Dornier, e reiterou a necesidade da existencia da Zona Azul na cidade, coma medio de regular o uso dos vehículos privados.

Pérez salientou a necesidade de cambiar o sistema de transporte público e mobilidade en Vigo, apostando por outro modelo dado que a eliminación de prazas de zona azul e o mal servizo que da Vitrasa-da que dixo que as súas contas teñen que auditarse- non logran que os cidadáns deixen o coche na casa.

Para conquerir este obxectivo, Marea de Vigo é partidaria do establecemento de bonos anuais, da asunción por parte do Concello do transporte urbano da cidade e por fixar precios populares en aparcadoiros, que deben de ser públicos, que faciliten o seu uso polos veciños.

También te puede interesar