Galicia Sucesos

Un médico asegura no Parlamento que tres pacientes morreron a causa do retraso da Xunta en proporcionar os medicamentos contra a hepatite C

O doutor Evaristo Vao, presidente da asociación Batas Brancas, asegurou este mércores, na comisión de investigación sobre o Sistema Sanitario Público de Galicia, que tres pacientes morreron polo atraso en subministrarles os fármacos contra a hepatite C, unha demora que o doutor Vao estableceu en “seis ou sete meses”.

O médico explicou polo miúdo que a un destes enfermos o tratamento tardoulle en chegar 6 meses e “non pudo salvarse”;  noutro caso o paciente xa morrera logo de agardar 7 meses polo medicamento e o terceiro morreu logo de que tras catro meses pedindo o fármaco este non chegase.

Un cuarto enfermo, sinalou o doutor Vao, salvouse logo de ser sometido a un transplante de fígado, “cando pasaran 30 días estaba morrendo e recibimos a medicación logo de pedirla tres veces, a última á conselleira [daquela a doutora Rocío Mosquera]”.

 Desmentido dende a Xunta

Os prazos de agarda polos medicamentos aos que se refiería o doutor Vao foron desmentidos por Jorge Moura, asesor xuídico do Servizo Galego de Saúde (Sergas), quen sostivo que a Xunta actuara con dilixencia e celeridade. Grazas a esa ‘celeridade’, engadiu Moura, as autorizacións para subministrar o tratamento nunca superaron os «dez ou once días”.

Este asesor asegurou que o período de agarda polo tratamento estaba en dous ou tres meses, dende que a subcomisión de Farmacia da Xunta facía un informe favorable para que un paciente recibise a medicación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.