Destacados Vigo al minuto

@anaponton afirma na presentación de Xabier Pérez coma candidato de @obloque á Alcaldía que o BNG fará que a política reverta na cidadanía

No acto de presentación do candidato á Alcaldía, Xabier Pérez Igrexas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón manifestou que o Bloque presentase as eleccións municipais “cos deberes feitos” e a convicción de que,  hoxe máis que nunca , é necesario que o nacionalismo teña presenza no concello vigués para encarar outro modelo de cidade e para que a política municipal reverta na cidadanía e na melloría das  súas condicións de vida.

Estamos nun momento, dixo, no que é importante adiantarse aos feitos  e dende   a política debemos  “pensar e soñar o Vigo do futuro” pero o reto máis urxente desta cidade é recuperar o impulso industrial, o emprego e ese Vigo innovador que foi sempre. Todo isto, non se pode facer   dende “a confrontación e o localismo” e por iso dende o BNG queremos “entrar con forza no concello para tender pontes e construír unha sociedade  más xusta e  con máis igualdade pero tamén, converter Vigo na cidade da innovación de Galicia”.

Pontón lembrou que ao longo dos últimos anos, o BNG sempre traballou por Vigo e a “pegada está presente”. Si hoxe temos un paseo en Bouzas é porque no seu momento o Bloque opúxose a aqueles que pretendían un recheo. Si Vigo ten rúas peoniles é porque un goberno presidido por Lois Pérez Castrillo impulsou un modelo que coloca aos peóns por riba dos vehículos. O BNG apostou por unha política cultural en Vigo conectada coas grandes correntes de pensamento de todo o país, e por iso, reiterou, “Vigo necesita un novo impulso” e dende o BNG queremos colaborar para conseguilo  apostando por un candidato “de canteira”. Iso, é o que realmente fai que unha organización política sexa sólida e no BNG temos un candidato, Xabier Pérez Igrexas, que a pesar da súa xuventude conta coa experiencia necesaria e sobre todo, que está disposto a dar o mellor de si mesmo para que este proxecto avance no concello de Vigo.

O BNG situará ós problemas dos vigueses no centro da política

O candidato do BNG á Alcaldía, Xabier Pérez, asegurou que Vigo está   ante “un goberno que non goberna” ao que sumou unha oposición “sen propostas e alternativas” o que evidencia, dixo, a necesidade de que o Bloque “volva estar con forza no concello”.

Cando o BNG foi unha forza decisiva e determinante, ben no goberno, ben na oposición, explicou, fixemos avanzar á cidade. Neste sentido, Pérez Igrexas apostou por un “novo impulso para Vigo” un cambio de rumbo para abordar propostas en positivo co fin de conseguir que todos os vigueses e viguesas se convertan no centro da política iso será posible coa presenza do BNG no concello.

Na súa intervención, Pérez Igrexas amosouse convencido de que é posible “construír cidade dende os barrios e parroquias e sumar nesta tarefa a moitos miles de vigueses e viguesas”.

You may also like