Destacados Vigo al minuto

@anaponton afirma na presentación de Xabier Pérez coma candidato de @obloque á Alcaldía que o BNG fará que a política reverta na cidadanía

No acto de presentación do candidato á Alcaldía, Xabier Pérez Igrexas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón manifestou que o Bloque presentase as eleccións municipais «cos deberes feitos» e a convicción de que,  hoxe máis que nunca , é necesario que o nacionalismo teña presenza no concello vigués para encarar outro modelo de cidade e para que a política municipal reverta na cidadanía e na melloría das  súas condicións de vida.

Estamos nun momento, dixo, no que é importante adiantarse aos feitos  e dende   a política debemos  «pensar e soñar o Vigo do futuro» pero o reto máis urxente desta cidade é recuperar o impulso industrial, o emprego e ese Vigo innovador que foi sempre. Todo isto, non se pode facer   dende «a confrontación e o localismo» e por iso dende o BNG queremos «entrar con forza no concello para tender pontes e construír unha sociedade  más xusta e  con máis igualdade pero tamén, converter Vigo na cidade da innovación de Galicia».

Pontón lembrou que ao longo dos últimos anos, o BNG sempre traballou por Vigo e a «pegada está presente». Si hoxe temos un paseo en Bouzas é porque no seu momento o Bloque opúxose a aqueles que pretendían un recheo. Si Vigo ten rúas peoniles é porque un goberno presidido por Lois Pérez Castrillo impulsou un modelo que coloca aos peóns por riba dos vehículos. O BNG apostou por unha política cultural en Vigo conectada coas grandes correntes de pensamento de todo o país, e por iso, reiterou, «Vigo necesita un novo impulso» e dende o BNG queremos colaborar para conseguilo  apostando por un candidato «de canteira». Iso, é o que realmente fai que unha organización política sexa sólida e no BNG temos un candidato, Xabier Pérez Igrexas, que a pesar da súa xuventude conta coa experiencia necesaria e sobre todo, que está disposto a dar o mellor de si mesmo para que este proxecto avance no concello de Vigo.

O BNG situará ós problemas dos vigueses no centro da política

O candidato do BNG á Alcaldía, Xabier Pérez, asegurou que Vigo está   ante «un goberno que non goberna» ao que sumou unha oposición «sen propostas e alternativas» o que evidencia, dixo, a necesidade de que o Bloque «volva estar con forza no concello».

Cando o BNG foi unha forza decisiva e determinante, ben no goberno, ben na oposición, explicou, fixemos avanzar á cidade. Neste sentido, Pérez Igrexas apostou por un «novo impulso para Vigo» un cambio de rumbo para abordar propostas en positivo co fin de conseguir que todos os vigueses e viguesas se convertan no centro da política iso será posible coa presenza do BNG no concello.

Na súa intervención, Pérez Igrexas amosouse convencido de que é posible «construír cidade dende os barrios e parroquias e sumar nesta tarefa a moitos miles de vigueses e viguesas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.