RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

A doutora Raquel Sánchez, xefa do servizo de Cirurxía Xeral de Vigo, premiada pola Asociación Española de Ciruxiáns

A Asociación Española de Cirurxiáns vén de premiar á xefa do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, a doutora Raquel Sánchez Santos, como autora da mellor publicación na revista Cirurxía Española no ano 2017. O recoñecemento produciuse no transcurso da última reunión da Asociación, que se celebrou en Madrid en novembro.

A doutora Sánchez Santos coordinou un estudo multicéntrico, no que se analizaron os datos obtidos en 29 hospitais de España e Portugal. O traballou consistiu en analizar os devanditos datos para comprobar a idoneidade de empregar a gastrectomía vertical nas intervencións de cirurxía  bariátrica.

Baixo o título “Factores  predictivos de perda ponderal tras a  gastrectomía vertical. Estudo  multicéntrico hispano-portugués”, no traballo analizáronse datos de máis de 1.500 pacientes, que foron operados con cirurxía  bariátrica nos devanditos hospitais.

Conclusións

A doutora Raquel Sánchez manifestou, despois de recibir o diploma que a acredita como autora da mellor publicación do pasado ano, que “no traballo que coordinei conclúese que a gastrectomía vertical ten moi bos resultados para o obxectivo que se persegue en determinados pacientes, e son aínda mellores en pacientes con menos de 50 anos de idade e cun índice de masa corporal entre 40 e 50”.

O servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do CHUVI pechará o ano con 120 operacións cirúrxicas de obesidade das que o 20% realizaranse con esta técnica.

También te puede interesar