Ciencia y Tecnología Comarcas

@ConcelloNigran habilita a primeira Wi-Fi pública e gratuita en varios puntos da vila

O Concello de Nigrán ven de investir 14.582,34 € na instalación da primeira rede inalámbrica wi-fi  gratuíta en catro espazos públicos do municipio xa operativos e convintemente sinalizados.

Os lugares seleccionados neste proxecto piloto do goberno nigranés son a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa (na contorna do centro da terceira idade), o Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e as súas inmediacións  e a propia Biblioteca Municipal (o servizo será trasladado á nova cando se inaugure). Trátanse todos eles de lugares onde se concentran habitualmente moitas persoas que demandan datos para desenvolver a súa actividade de lecer ou de estudo e o obxectivo do goberno é ir ampliando localizacións.

“Concibimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas. A finalidade é contribuír a reducir a fenda dixital que se produce en moitos fogares que non poden afrontar o custe do servizo. Queremos achegar o uso das novas tecnoloxías, forma parte do noso proxecto global  ‘Un Nigrán para todos’, pero non hai que esquecer que beneficiará tamén aos visitantes”, subliña o alcalde, Juan González.

Para acceder a ela, os usuarios deberán rexistrarse previamente a través de correo electrónico, facebook, google+, twitter , sempre con contrasinal. O máximo de conexións simultáneas será de 150, unha vez superada esa cifra as novas solicitudes quedarán en espera ata que estean dispoñibles novamente. Por este motivo, o tempo de navegación estará limitado a unha hora  continuada, momento no que o sistema solicitará que o usuario volte a validar a sesión.

También te puede interesar