Vigo al minuto

O Tribunal de Xustiza de Galicia ordena á Xunta que entregue a @En_Marea toda a documentación sobre a fusión das caixas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de admitir a trámite o recurso contencioso administrativo que fora presentado polo vice-voceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, pola «ocultación» por parte da Xunta de documentación sobre a fusión das caixas de aforro galegas.

O alto tribunal ordena ao Goberno galego á remisión do expediente daquela operación ademais dos informes e datos que o demandante considere procedentes, logo de que, dende hai 5 anos Sánchez estivera demandando á Xunta esta documentación sen recibir resposta algunha.

Os devanditos documentos son, entre outros, a carta de encargo da auditora KPMG, citada polo presidente Feijóo e que, supostamente, avalaba a fusión das caixas, ademais dos informes dos técnicos da Consellería de Facenda incluídos no expediente de fusión, e dos que nada se sabe.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.