Ciencia y Tecnología Destacados

Médicos e enfermeiras dos PAC seguirán en folga todos os martes, venres e domingos do 23 de novembro ao 17 de decembro

O comité de folga dos Puntos de Atención Continuada (PAC) vén de anunciar a convocatoria de novas xornadas de folga a partir do venres 23 de novembro que se prolongarán até o 17 de decembro todos os martes, venres e domingos, ao tempo que comunicou que a súa intención de endurecer as medidas de presión.

Durante  mes que estiveron en folga, sinalan dende o comité, deixouse sen cubrir a presenza de médicos en numerosas ocasións en varios centros. Por exemplo, na área de Vigo sucedeu no PAC da Guarda, en Redondela e en Moaña. “Esta é a forma de negociar do Sergas: peores condicións para as traballadores e peor servizo para as usuarios”.

También te puede interesar