Galicia

Redondela rende homenaxe a Lorca, asasinado polas tropas fascistas en 1936

O Concello asinou con Adif un convenio para a colocación dunha placa conmemorativa na estación de Redondela co fin de celebrar o ‘Día de Lorca en Galicia’.

En 1916, durante a súa primeira viaxe á nosa terra, Federico García Lorca parou na estación redondelá e aquí, segundo a crónica dun amigo seu de expedición, escoitaron cantar por vez primeira un alalá con versos de Rosalía de Castro.

Nas vindeiras semanas o Servizo de Normalización Lingüística organizará unha acto de descuberta da placa que contará tamén coa participación de Henrique Alvarellos (impulsor do Día de Lorca en Galicia), Samuel Diz (músico especialista na Xeración de 1927) e coa lecturas dos seis poemas en galego que Lorca publicou en 1935.

También te puede interesar